Timeline é un filme estadounidense dirixido por Richard Donner que se estreou no 2003. Baséase na novela Timeline de Michael Crichton.
Sinopse No corazón do fermoso e histórico val de Dordoña (Francia), un equipo de estudantes de arqueoloxía e o seu mestre, esfórzanse por descubrir as ruínas dun castelo do século XIV. Para o profesor Edward Johnston (Billy Connolly), o proxecto representa a culminación dos seus soños. Coa axuda do profesor adxunto Andre Marek (Gerard Butler), do seu fillo Chris (Paul Walker) e dos seus alumnos Kate (Frances O’Connor), Stern (Ethan Embry) e François (Rossif Sutherland), Johnston fixo grandes progresos non só na escavación do castelo de La Roque senón tamén na dun mosteiro e outras estruturas do pobo de Castlegard. Pero as cousas están a piques de estragarse. O profesor Johnston ten sospeitas sobre o benfeitor da escavación - a empresa International Technology Corporation, encabezada por Robert Doniger (David Thewlis) – e diríxese a Novo México en busca de respostas. Mentres está fora, os estudantes descobren unha cámara que leva selada máis de 600 anos. Marek e Kate conseguen entrar dende enriba e xusto antes de que se afunda o teito descobren dous sorprendentes obxectos – unhas lentes e unha nota suplicando axuda datada no 2 de abril de 1357.
Personaxes Paul Walker como Chris Johnston Frances O'Connor como Kate Ericson Gerard Butler como Andre Marek Billy Connolly como Profesor Edward A. Johnston David Thewlis como Robert Doniger Anna Friel como Lady Claire Neal McDonough como Frank Gordon Matt Craven como Steven Kramer Ethan Embry como Josh Stern Michael Sheen como Lord Oliver de Vannes Lambert Wilson como Lord Arnaud de Cervole Marton Csokas como Sir William De Kere/William Decker Rossif Sutherland como François Dontelle Patrick Sabongui como Jimmy Gomez Steve Kahan como Baker
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Oficial Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Donner Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados no século XIV Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes baseados en obras de Michael Crichton Categoría:Filmes de viaxes no tempo