Sergei Zakharov, nado en Mikolaiv o 1 de maio de 1950, é un cantante ruso.

Traxectoria

Zakharov naceu en Ucraína nunha familia de militares. En 1971 entrou no departamento de opereta da Academia Rusa de Música Gnessin en Moscova na clase de Margarita Josephovna Landa, e aínda sendo estudante entrou como solista na Orquestra de Variedades do Estado dirixida por Leonid Utiosov. En 1974 gañou a competición internacional Orfeo de Ouro de Bulgaria e en 1976 actuou no filme musical Nebesnye lastochki, traballou posteriormente no Music Hall de Leningrado e desde 1985 de forma independente, primeiro co seu propio conxunto e desde 1991 co pianista Alexander Kogan. Gravou álbums con cancións pop, baladas e temas operísticos.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Cantantes de Rusia