Non confundir con Antón Castro (Arteixo, 1959), xornalista e escritor.
Xosé Antón Castro Fernández, tamén coñecido como Antón Castro e Xosé Antón Castro, nado en Muxía o 10 de abril de 1951, é un historiador, profesor e crítico de arte galego.
Traxectoria Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid coa tese Pontevedra e a renovación da arte galega. Cursou estudos de literatura francesa na Sorbonne de París e ampliou os seus coñecementos de arte contemporánea no MOMA e no Metropolitan Museum of Art de Nova York. Foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta (1984). Foi responsable das edicións de 1982, 1983, 1986 3 2025 (con Antón Sobral) da Bienal de Arte de Pontevedra, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC. (1994-1995). Foi profesor no Liceo Internacional de París (1985-1991), onde viviu varios anos. Tamén deu clases en Francia, Italia (Università degli Studi de Milano), Cuba ( Instituto Superior de Arte da Habana) e os Estados Unidos (Queensborough Community College (The City University of New York). Foi director de cursos na Universidade Internacional Menéndez Pelayo sobre "El primer Picasso".
En Galicia foi profesor de secundaria en Marín, Pontevedra e Ribadavia. Desde 1991 impartiu aulas na Universidade de Vigo, chegando a Catedrático de Historia del Arte/ Arte Actual. Facultad de Bellas Artes de Pontevedra.
Realizou o comisariado de exposicións de arte en varias cidades de Galicia e en Madrid, Barcelona, València, Lisboa ou París, en 2026 traballaba no Museo de Arte Contemporánea de Suzhou, a Venecia de China, a 88 quilómetros de Xangai.
Participou en palestras e congresos en Galicia, España, Portugal, Alemaña e Francia ( L’art espagnol au XXème siècle e Rédeploiment des identités nationales en Espagne après le franquisme (1989), celebrado no centro Georges Pompidou en París).
En Pontevedra participou na creación da Escola de Canteiros e foi o coordinador na cración da Illa das Esculturas de Pontevedra (1999).
Como crítico de arte publicou, desde 1978, artigos na prensa e en revistas especializadas como Lápiz, Coloquio Artes, Beaux-Arts, Artension, Flash Art , Contemporánea, Arte, individuo y sociedad, CREA International Multidisciplinary Journal, Leer, Turia: Revista cultural, Quintana: revista de estudios do Departamento de Historia da Arte, Galegos = Gallegos, Revista galega de educación, Boletín galego de literatura, Grial: revista galega de cultura, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico. Participou na redacción da parte española do Ditionanaire d’Art Contemporain (1991).
Foi membro do relatorio de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega e da Asociación Internacional de Críticos de Arte (AICA) na sección francesa. Foi Director do Instituto Cervantes de Milán (2004-2008) e do IPCE (Instituto do Patrimonio Cultural de España) do Ministerio de Cultura (2008-2010). Tamén foi membro dos padroados da Alhambra de Granada, do Arquivo de Indias, da Fundación Lázaro Galdiano, da Fundación Miró, da Fundación Laxeiro e de Obras Pías.
Obras Renovación e avangarda en Galicia (1982).Transformaciones. Pintura Española de los 80 (1983).Expresión Atlántica. A arte galega dos 80 (1985). A Coruña: Follas Novas. Ed. bilingüe.Laxeiro (1985). Diputación de Pontevedra. 1985. D. legal: PO 232-1985.Historia da pintura galega do século XX (1900-1951) (1985).Colmeiro desde Colmeiro (Historia de dúas conversas). 1987. Sada: Ediciós do Castro.París, bien sûr (1989). Ensaio sobre a creación artística e as súas correntes.Arte y nacionalismo. La vanguardia gallega 1925-1936 (1992). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-606-8.Xosé Freixanes (1992). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-88137-69-2.Manuel Colmeiro (1994). Vigo: Galaxia. Monografías da Arte Galega. ISBN 84-7154-924-7.As mazás de Yoko Ono. Ensaio de introducción a arte desde 1980 ata hoxe (1995). A Coruña: Espiral Maior. ISBN 978-84-88137-69-2.Laxeiro, a invención dun mundo (1997). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-142-0.Muxía, finisterre da ruta xacobea e santuario de culto ás pedras: guía do camiño de Luís Pereira (1997). Pontevedra : Pedra d'Abalar. ISBN 84-923056-0-6.Castelao. Obras. Textos de arte. Vol. V. (2000).Edición crítica. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-453-2930-8. Enredos críticos Travesuras de un arte fin de siglo (2021). Servicio de Publicaciones de la Deputación de Pontevedra. Pontevedra. Colección Arte & Estética. ISBN 84-8457-022-3.Illa das esculturas (2003). Prólogos de Steven Foster y César Antonio Molina. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-8457-163-7. The Early Picasso (1891- 1895): A Portrait by a Young Artist (2018). Sofía Fernández Lázaro Ed. ISBN 978-84-697-9421-0.Un poema para Laxeiro. Barreiro/Pulido (2023). Fundación Laxeiro. ISBN 978-84-123347-3-9.
Conversas Colmeiro por si mesmo (2015). Vigo: Xerais.
Libros colectivos (entre outros)
El pintor Manuel Torres (1982). Vigo: Editorial Escola Aberta. Con Antón Sobral. Libro con 32 diapositivas A arte galega na Colección Caixanova (2005). Faro de Vigo. VG-914/05 Conde Corbal: obra gráfica (2011). Nova Galicia. ISBN 978-84-15164-65-4. Colmeiro por si mesmo (2015). Edicións Xerais de Galicia ISBN 978-84-9914-832-8. Man de Camelle (2018). Kalandraka. ISBN 978-84-8464-437-8. Foi un home: Laxeiro en América, Buenos Aires 1950-1970 (2022). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5420-9.
Premios
1996: gañador no apartado de ensaio dos Premios da Crítica de Galicia por As mazás de Yoko Ono (1995). 2025: Premio das Artes'' da XVI edición dos Premios Nordés (Radio Nordés-Cadena Ser). 2026: Pontevedrés do Ano da Cultura, concedido polo Diario de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Facultade de Belas Artes de Pontevedra Ligazóns externas Ficha en Galaxia 20px Pintores de Galicia (2013). TVG. Interveñen Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro, Carlos Bernárdez e Fernando Vilanova.
Categoría:Críticos da arte Categoría:Nados en Muxía Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1951