IK SävehofNome do club Idrottsklubb SävehofFundado20 de agosto de 1950PavillónPartillebohallen, PartilleCapacidade2.000Adestrador masculino Mikael FranzénHenrik Signell (asistente)Adestrador feminino Magnus "Bagarn" JohanssonPär Jilsén (asistente)LigaElitserien2010-11CampiónEquipamentosLocal Visitante O IK Sävehof é un equipo de balonmán da cidade de Partille (Suecia). Tanto o seu equipo masculino como o feminino compiten na máxima categoría do balonmán sueco, a Elitserien. Actualmente é un dos principais clubs do país.

Historia A club fundouse en 1950, vivindo durante moito tempo á sombra dos seus veciños e rivais Redbergslids de Gotemburgo, vinte veces campións de Liga. Chegou dúas veces á final da liga (1993 e 1994), mais tivo que esperar ata o 2004 para gañar o seu primeiro título nacional, que revalidaría ao ano seguinte. Por outra banda, o seu equipo feminino proclamouse campión de Liga no 2007.

En Europa, o seu mellor resultado tivo lugar no 2003, cando se proclamou semifinalista da Challenge Cup. O club participou tamén na Liga de Campións, chegando ata os oitavos de final no 2005, onde caeu derrotado fronte ao SG Flensburg-Handewitt alemán na eliminatoria disputada a dobre partido. O seu equipo feminino participou na EHF Women's Champions League nas tempadas 2007-08 e 2010-11.

Palmarés Masculino 4 Ligas suecas: 2004, 2005, 2010 e 2011

Feminino 1 Liga sueca: 2007

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de balonmán de Suecia