Robert Doisneau, nado en Gentilly (Val do Marne) o 14 de abril de 1912 e finado en Montrouge (Altos do Sena) o 1 de abril de 1994, foi un fotógrafo francés. Está considerado como un dos fotógrafos máis populares da posguerra e foi un dos principais representantes da fotografía humanista francesa xunto con Willy Ronis e Édouard Boubat.

miniatura|dereita|Robert Doisneau (esquerda) e André Kertész en Arles, 1975.

Traxectoria

Era coñecido pola súa modestia e as súas imaxes irónicas, mesturando as diferentes clases sociais das rúas e cafés de París. Influenciado pola obra Eugène Atget, de André Kertész e Henri Cartier-Bresson, Doisneau presentou en máis de vinte libros unha visión da fraxilidade humana e da vida como unha serie de momentos calmos e incongruentes.

Obra 1940-1944: Lâcher de tracts 1944: Amour et barbelés 1944: La voiture fondue 1950: Le Baiser de l'hôtel de villeAnálise da fotografía por André Gunthert do EHESS 1951: Rue Mouffetard 1956: Les Écoliers de la rue Damesme 1958: La Transhumance 1959: La Récréation, rue Buffon, à Paris 1959: Les Sables d'Olonne 1959: Les grandes vacances 1960: Le passant avec un béret 1971: Devant la laiterie 1982: Le Parc Monceau

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia da fotografía

Ligazóns externas Páxina oficial Encyclopaedia Britannica, Robert Doisneau Páxina web da "Maison de la Photographie Robert-Doisneau" BBC News Le baiser de l'hôtel de ville Galería Bruce Silverstein

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados no departamento do Val do Marne Categoría:Finados en 1994 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Fotógrafos de Francia