José María Pardo Montenegro Menéndez Valledor, finado en Mondoñedo o 30 de setembro de 1867La Época, 2-10-1867, p. 3., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Neto de Fernán Sanjurjo de Montenego. Dono do coto de Cochín, do pazo e torre de Terrafeita, da casa de Villamartín e da de RizalVallibria, 18-2-1934, p. 1.. Foi maxistrado na Audiencia da Coruña (1838), presidente da sala primeira da Audiencia Territorial de Oviedo (1849), maxistrado e presidente da primeira sala da Audiencia de Madrid (1857) e ministro do Tribunal Supremo. Foi elixido deputado por Lugo (1837, 1840), e polos distritos de Vilalba (1846, 1857, 1858, 1863) e Mondoñedo (1851, 1853).

Foi pai de Julia Pardo Montenegro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1867