José Salgado Rodríguez, nado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) en 1852 e finado na vila de Caldas de Reis o 20 de maio de 1916, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria Estudou a carreira eclesiástica e sen rematala, pasou a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, foi deputado provincial, gobernador civil de Lugo (1897) e alcalde de Caldas de Reis (1901-1903). Foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega e membro da Sociedad de Arqueoloxía de Pontevedra. Dirixiu El Correo de Galicia e La Estrella Compostelana e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Almanaque Gallego e Revista Gallega. Publicou Paliques (1901) co pseudónimo Fray Prudencio, que recolle os seus artigos sobre temas de actualidade local.

Vida persoal Casou con Carmen de la Riva Carreiro, e foi pai de Jesús e Laureano Salgado de la Riva. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

José Salgado / Presentación

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Alcaldes de Caldas de Reis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos