Pero-Grullo foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1888.
Historia e características Subtitulado Semanario satírico-humorístico, apareceu en novembro de 1888. O seu fundador, director e redactor era Manuel Otero Acevedo. Editábase na imprenta de V. Abad da Coruña debido a que era unha publicación anticlericalista e anticarlista, onde se sacaban a relucir os trapos sucios de cóengos, monxas e frades. Foi prohibido a partir dos primeiros números e deixou de editarse.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1888 en Galicia