Courtney Fortson, nado o 23 de maio de 1988 en San Antonio, Texas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles D-Fenders da NBA Development League. Con 1,80 metros de altura, xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria deportiva NBA Tras xogar para a Universidade de Arkansas, xogou na NBA D-League cos Reno Bighorns e os Los Angeles D-Fenders. O 16 de xaneiro de 2012 foi chamado para xogar cos Los Angeles Clippers,"Former Bighorn Fortson signs with Clippers". Reno Gazette Journal. 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. e foi cortado polo equipo o 27 de xaneiro, tras xogar 4 partidos."Clippers waive Courtney Fortson". ESPN. 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2012. Nesa mesma tempada, pouco máis tarde, asinou un contrato de dez días cos Houston Rockets, e pouco despois asinou cos Rockets para o resto da tempada 2011-12.Rockets summary: Forston signed for rest of season

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto