Bentejui foi un líder guerreiro de Gran Canaria, que se resistiu militarmente á conquista da illa por parte dos conquistadores enviados pola Coroa de Castela. Naceu arredor do 1450, no Guanartemato de Gáldar, preto da actual cidade de Gáldar, en Gran Canaria e morreu o 29 de abril de 1483.
Historia Tralo fin da resistencia aborixe no interior da illa en 1481, e a captura de Tenesor Semidán, guanarteme de Gáldar, por parte de Alonso Fernández de Lugo, asínase o tratado chamado Carta de Calatayud entre Tenesor, como representante do Reino das Canarias, e Fernando o Católico, Rei de Aragón, en nome dos Reinos das Españas, polo que as Illas Canarias pasan a ser parte da Coroa de Castela e os mandos do exército español destinados nas Canarias obteñen terras, así como tamén os diferentes guanartemes, menceyes ou reis tribais, que quedan como responsables políticos.Mónica Acosta Betancor y Felipe Ros Brandon, 29 de Abril-3 de mayo, Dos fechas y un mismo símbolo. 1999
Ó caer Gáldar, a resistencia aborixe contra o tratado con España trasládase ás zonas montañosas do interior, onde Bentejuí, contando co apoio do faycán de Telde e da princesa galdense Guayarmina Semidán, organiza a última resistencia nos altos rochosos da illa.
Tenesor reúnese con eles, para tratar de convencelos de que cesen na rebelión: o 29 de abril de 1483, conversa con Guayarmina Semidán, descendente como el dos Semidán, e con Bentejuí na fortaleza de Ansite.Abreu y Galindo, J. de, Historia de la conquista de las siete islas de Canarias, en A. Cioranescu (ed) Goya ediciones, Tenerife, 1977 Trala reunión, Guayarmina baixa e entrégase, mentres que Bentejuí e o faycán de Telde se suicidan seguindo o ritual guanche, despeñándose polo barranco de Atis Tirma, así chamado por ser esa a frase que a tradición narra que berraron cando se lanzaron ó baleiro ("Viva a Montaña sagrada").
Coa súa morte, remata toda resistencia armada e organizada á conquista de Gran Canaria por parte dos Reis Católicos.
Notas
Filmografía Ano Filme Director Personaxe 1954 Tirma Paolo MoffaCarlos Serrano de Osma Gustavo Rojo
Véxase tamén Outros artigos Guanche
Ligazóns externas Documentos e bibliografía histórica sobre Canarias Biografías de personaxes canarios Revista dixital Mundo Guanche
Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Finados en 1483