Miguel Ángel Castelo Agra, nado en Freás de Eiras (Ramirás) o 20 de abril de 1946, é un xornalista e cineasta galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información na especialidade de Imaxe. Comezou no audiovisual nos anos setenta realizando curtametraxes. Compaxinou a súa actividade como crítico cinematográfico e teatral coas realizacións para cine, televisión e vídeo. En 1979 fundou a distribuidora Rula Difusora Cultural Galega e despois a produtora Video Trama (1983). Dirixiu para Televisión Española o primeiro programa dedicado ao cine de Galicia, Do cinema galego (1984), e colaborou en diversos espazos da Televisión de Galicia. Ten exercido a docencia de medios audiovisuais na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Filmografía A tola (1974), de Miguel Gato (como foto-fixa). Fendetestas (1975), de Antonio F. Simón (como foto-fixa) Illa (1976), de Carlos L. Piñeiro. O herdeiro (1976), de Miguel Gato.

Como director O pai de Migueliño (1977). Macana de dote, ché (1991). O desexo (1992), adaptación do conto de Rafael Dieste "O vello que quería ver o tren".

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na AVG

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes