El Alerta foi un semanario editado en Pontevedra entre 1864 e 1865.

Historia e características Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 6 de marzo de 1864. O seu editor era Ramón Núñez Pazos e estivo dirixido por Emilio Álvarez Giménez. Foron os seus redactores Augusto Escarpizo Lorenzana, Emilio Álvarez Giménez, Severiano González Regueral, Claudio Cuveiro e Juan Sieiro. Contaba coas seccións: "Editoriales", "Sueltos", "Noticias Generales", "Variedades", "Gacetillas", "Telegramas", "Anuncios" e "Folletín". As circunstancias da época obrigárono a manifestarse á marxe de todo tratamento político e a reducir as súas páxinas aos temas xerais. Cesou a súa publicación en setembro de 1865.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1864 en Galicia