Juan Fernández-Armesto Fernández-España, nado en Nova York (Estados Unidos de América) o 2 de xaneiro de 1953, é un avogado e xurista español de orixe galega.

Traxectoria

Fillo de Augusto Assía (Felipe Fernández Armesto) e Victoria Armesto (María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre), cursou o bacharelato en Bonn (Alemaña) e en Madrid. Realizou os seus estudos universitarios no ICADE de Madrid, licenciándose en Dereito en 1977 e en Ciencias Empresariais en 1978. En 1983 obtivo ou título de doutor en Dereito na Universidade Autónoma de Madrid. Impartiu clases de Dereito Mercantil na Universidade Pontificia de Comillas-ICADE desde 1978 como profesor adxunto e, despois, profesor agregado, sendo nomeado en 1988 catedrático da mencionada disciplina en dita Universidade, posto no que continuou até o ano 2009.Juan Ferández-Armesto, abogado y árbitro del CIADI

É membro do Colexio de Avogados de Madrid, do International Bar Association (Colexio de Avogados Internacional), da London Court of International Arbitration (LCIA), do Deutsche Institution für Schiedsgerichtsbarkeit e.V. (DIS) (Institución alemá de Arbitraxe) e do Institut pour l'Arbitrage Internationale (IAI), cofundador do Club Español de Arbitraxe, do que desde marzo de 2009 é vogal da súa xunta directiva,; ademais, o Comité español da Cámara de Comercio Internacional (CCI) designouno representante español na Comisión de Arbitraxe de dita Cámara.

En outubro de 1996 foi designado polo Consello de Ministros de España presidente da recentemente creada Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV),Real Decreto 2186/1996, de 4 de octubre cesando o ano 2000, ao rematar o seu mandato regulamentario.Real Decreto 1697/2000, de 6 de octubre

Está en posesión da Gran Cruz da Orde de Isabel la Católica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Club de Arbitraje. Miembros . Universidad de Comillas. Juan Fernández-Armesto . Currículo de Juan Fernández-Armesto .

Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Presidentes de autoridades reguladoras financeiras Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid