Céline Marie Claudette Dion, nada en Charlemagne (Quebec) o 30 de marzo de 1968, é unha cantante, empresaria, compositora e actriz canadense máis coñecida como Céline Dion.
Traxectoria
Logrou o recoñecemento internacional na década de 1980 ao gañar o festival da canción popular de Yamaha de 1982 e por participar no festival de Eurovisión de 1988.Bliss, Karen. "25 Years of Canadian Artists." Canadian Musician. 1 de marzo de 2004, páxina. 34. ISSN: 07089635 Anos máis tarde, xurdiu como unha estrela adolescente no mundo de fala francesa despois de que René Angélil (empresario e o seu futuro esposo) hipotecase a súa casa para financiar o seu primeiro álbum.
En 1990 lanzou ao mercado Unison, a súa primeira produción en inglés que a estableceu como unha artista pop prometedora en América do Norte e noutras partes do mundo anglosaxónico. Un dos seus principais éxitos foi a banda sonora do filme Titanic, gañadora do Óscar. Na súa carreira xa superou os 200 millóns de copias vendidas das súas obras.
Notas
Categoría:Músicos do Canadá Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en 1968 Categoría:Representantes de Suíza en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados no Quebec Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello