Michael John Myers, nado o 25 de maio de 1963, é un actor, guionista, produtor de cine e comediante canadense. Actuou en Saturday Night Live (1988-1995), Wayne's World, nas tres películas de Austin Powers e prestou a súa voz na serie de películas de Shrek. A súa última entrega humorística é "The Love Guru", na que interpreta o papel de Gurú Pitka. En 2002, Myers participou no vídeo musical de Britney Spears, "Boys".

Biografía Naceu o 25 de maio de 1963 en Scarborough, Ontario, Canadá. Mide 1,73 m. Mike Myers é o fillo máis novo do vendedor de enciclopedias e antigo cociñeiro do exército británico Eric Myers, e de Alice “Bunny” Myers, procesadora de datos e ex-actriz. Ambos cidadáns ingleses (o propio actor ten pasaporte británico) que emigraron ao Canadá desde a cidade portuaria de Liverpool.

O primeiro contacto de Myers co mundo audiovisual foron as súas aparicións infantís en varios anuncios publicitarios. Na súa etapa no instituto Stephen Leacock, Mike tomou leccións de danza e comezou a crear personaxes cómicos. Nos inicios dos anos 80 actuou co grupo de comediantes Second City Comedy de Toronto, e máis tarde formou parella profesional con Neil Mullarkey, con quen Myers virou por Inglaterra representando múltiples actuacións humorísticas. Retornado ao Canadá, Myers foi descuberto por Martin Short cando estaba actuando co Second City Comedy. Short propúxolle que se incorporase ao programa de televisión “Saturday Night Live”, todo un escaparate popular para o talento cómico dos seus protagonistas. En 1989, Mike, que actuaba e escribía "sketches", recibiría un premio Emmy polos seus guións.

A súa primeira aparición cinematográfica produciuse ese mesmo ano ao aparecer en “Elvis Stories” (1989), unha curta parodia sobre a desaparición de Elvis Presley, rodado por Ben Stiller.

O 5 de maio de 2022 estreou a serie The Pentaverate en Netflix, na que interpreta dez personaxes.

Filmografía miniatura|Mike Myers na estrea de Shrek the Third no 2007.

Cine e series

Ano Título Rol Nota 1992 Wayne’s World Wayne Campbell Tamén escritor, película debut 1993 So I Married an Axe Murderer Charlie McKenzie/ Stuart McKenziePrimeira película na que Myers fixo máis dun papel. 1993 Wayne's World 2 Wayne Campbell Tamén escritor 1997 Austin Powers: International Man of Mystery Austin Powers / Dr. Evil Escritor e produtor 1998 54 Steve Rubell 1998 Tim Broderick 1998 Pete's Meteor Pete 1999 Austin Powers: A espía que me achouchou Austin Powers / Dr. Evil / Fat Bastard Escritor e produtor 1999 Mystery, Alaska Donnie Shulzhoffer 2001 Shrek Shrek Actor de voz 2002 Austin Powers in Goldmember Austin Powers / Dr. Evil / Fat Bastard / Goldmember Escritor e produtor 2003 Nobody Knows Anything! 'Eye' Witness 2003 The Cat in the Hat The Cat in the Hat 2003 Shrek 4-D Shrek Actor de voz, presente no parque de atraccións 2003 View from the Top John Witney 2004 Shrek 2 Shrek Actor de voz, é a película con maior recadación da súa carreira como actor 2006 Home El mesmo 2007 Shrek the Third Shrek Actor de voz 2008 The Love Guru Gurú Maurice Pitka/El mesmo Escritor e produtor 2009 Inglourious Basterds Gen. Ed Fenech 2010 Shrek Forever After Shrek Actor de voz 2012Oscar Etiquette Sir Cecil Worthington Curtametraxe 2013Being Canadian, Sometimes El mesmo Documental 2013Supermensch: The Legend of Shep Gordon El mesmo Director do documental 2015I Am Chris Farley El mesmo 2018 "The Tailor,The Giant & The King Valentín(Valentine) na versión orixinal Actor de voz 2019Shrek The FifthShrekActor de voz2022The Pentavirate Ken ScarborughInterpreta a dez personaxes, incluíndo a Ken Scarbourugh e a voz de Shrek

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores do Canadá Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa