Badr A, tamén coñecido como Badr 1, foi o primeiro satélite artificial de Paquistán. Foi lanzado o 16 de xullo de 1990 mediante un foguete chinés Longa Marcha 2E desde o Centro espacial de Xichang.

Características Badr A foi o primeiro satélite artificial pertencente a Paquistán, aínda que lanzado mediante un foguete chinés. Foi inxectado nunha órbita inicial de 201 km de perixeo e 984 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 28 graos.

A finalidade orixinal do satélite era probar un experimento sobre comunicacións dixitais no espazo usando as bandas correspondentes ás franxas entre 144 e 146 MHz e 435 e 436 MHz. Tiña forma poliédrica, con 26 caras e 483 mm de diámetro.

Os sinais do satélite deixaron de recibirse 35 días despois da posta en órbita polo que se pensa que foi un fallo eléctrico e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1990.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Badr B Badr C

Ligazóns externas Páxina de Badr 1 na Suparco

Categoría:Satélites artificiais Categoría:Paquistán