250px|miniatura|O río Avia o seu paso por Ribadavia O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.

Descrición Nace na serra do Suído a 880 msnm, no lugar de Fonte Avia, pertencente á parroquia de Nieva, no concello de Avión.

Segue unha dirección suroeste-nordeste até chegar ao encoro de Albarellos, entre os concellos de Leiro, Boborás e Avión. Despois do encoro segue até Boborás, vira cara ao sueste, desde Leiro, fai fronteira entre Cenlle e Leiro até Ribadavia, lugar onde desemboca tras percorrer un total de 36,7 Km.

En Albarellos, Boborás, atópase o encoro de Albarellos, concedido en explotación a Gas Natural Fenosa. Ten unha capacidade total de 90,73 Hm³. É empregado para a produción de electricidade.

Toponimia Avia (e o seu diminutivo río Avión) procede da raíz indoeuropea celta av- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avo na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outro ríos franceses, españois e italianos.Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galiza Lista de encoros de Galicia Avia

Avia, Río Categoría:Afluentes do Miño Avia