O termo produción pode referirse, entre outros conceptos, aos seguintes:
Produción, en economía, creación e procesado de bens e mercadorías. Produción en cadea, produción en masa, produción en serie ou fabricación en serie, proceso da produción industrial baseado na cadea de montaxe, unha forma de organización da produción que asigna a cada traballador unha función específica e especializada, utilizando maquinaria moi desenvolvida tecnoloxicamente. Produción audiovisual, a creación de contidos para medios de comunicación audiovisuais, especialmente o cinema e a televisión. Produción musical, o labor que realizan os produtores musicais. Produción primaria, en ecoloxía, é a produción de materia orgánica que realizan algúns organismos a partir de materia inorgánica a través dos procesos da fotosíntese ou da quimiosíntese.