Hesperocyoninae é unha subfamilia extinta de cánidos endémicos de América do Norte. A esta subfamilia pertencen os primeiros cánidos, que xurdiron e se diversificaron en Norteamérica no Eoceno superior. Tiveron o seu apoxeo entre finais do Oligoceno e o Mioceno temperá, cando numerosas formas de pequeno tamaño poboaron as chairas norteamericanas e as Montañas Rochosas.
Xéneros Hai 10 xéneros e 26 especies de Hesperocyoninae:
Cynodesmus† Caedocyon† Ectopocynus† Enhydrocyon† Hesperocyon† Mesocyon† Osbornodon† Paraenhydrocyon† Philotrox† Sunkahetanka†
Notas
Categoría:Cánidos