Beacon Explorer C, tamén coñecido como BE-C e Explorer 27, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 29 de abril de 1965 mediante un foguete Scout desde Wallops Island.

Características BE-C foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas.

O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.

A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.

O satélite foi posto fóra de servizo o 20 de xullo de 1973 debido a que interfería con outros satélites.

Instrumentos Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Beacon Explorer B

Categoría:Programa Explorer