Memento é un filme estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2000. Baséase na historia curta Memento Mori de Jonathan Nolan.
Sinopse Leonard é un investigador dunha axencia de seguros cuxa memoria está danada por culpa dun golpe na cabeza, sufrido ó intentar evitar o asasinato da súa muller: este é o último feito que lembra do pasado. A causa do golpe, perdeu a memoria recente, é dicir, os feitos cotiáns desaparecen da súa mente nuns minutos. Así pois, para investigar e vingar o asasinato da súa esposa ten que recorrer á axuda dunha cámara instantánea e das notas tatuadas no seu corpo.
Personaxes Guy Pearce como Leonard Shelby Carrie-Anne Moss como Natalie Joe Pantoliano como Teddy (John Edward Gammell) Mark Boone Junior como Burt Russ Fega como Waiter Jorja Fox como Esposa de Leonard Stephen Tobolowsky como Sammy (Samuel R. Jankis) Harriet Sansom Harris como Mrs. Jankis Thomas Lennon como Doutor Callum Keith Rennie como Dodd Kimberly Campbell como Loira Marianne Muellerleile como Tatuadora Larry Holden como Jimmy (James F. Grantz)
Galardóns e nomeamentos 2001: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor guión orixinal e mellor montaxe. 2001: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor guión. 2001: Festival de Sundance: Mellor guión. 2 nomeamentos. 2001: 2 premios no Festival de Toronto: Mellor filme, guión. 2001: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Mellor guión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre amnesia Categoría:Filmes preservados no National Film Registry