Sugar & Spice é un filme estadounidense dirixido por Francine McDougall que se estreou no 2001. Foi rodado completamente no estado de Minnesota.
Sinopse Historia do Equipo A de Animadoras do Lincoln High School, un grupo de mozas de lingua afiada, pero ó mesmo tempo cheas de dozura, que deciden seguir sendo leais, pase o que pase. O equipo A está formado por Diane, a capitán do equipo, que está tolamente namorada da estrela de fútbol americano do Lincoln, Jack Bartlett, e ten un carácter entusiasta; Hannah, que padece un ataque de fervente relixiosidade moi perigoso; Kansas, a rebelde, cuxa nai é unha reclusa do cárcere local; Lucy, unha repelente obsesionada por matricularse en Harvard e Cleo que soña con cazar a Conan O'Brien. O colexio representa o paraíso ata que Jack e Diane se atopan sumidos inesperadamente nunha delicada situación: Diane queda embarazada, e necesitan desesperadamente conseguir cartos para criar ós seus fillos. Para axudar á súa amiga, o Equipo A pon en práctica un pequeno proxecto de actividades extra escolares denominado "Atraco a un Banco".
Personaxes Marla Sokoloff como Lisa Janusch Marley Shelton como Diane Weston Rachel Blanchard como Hannah Wald Melissa George como Cleo Miller Mena Suvari como Kansas Hill Alexandra Holden como Fern Rogers Sara Marsh como Lucy Whitman James Marsden como Jack Bartlett W. Earl Brown como Hank Rogers Sean Young como Mrs. Hill Conan O'Brien como El mesmo Kurt Loder como El mesmo Jerry Springer como El mesmo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América