White Witch Doctor é un filme de aventuras realizado pola 20th Century Fox, dirixido por Henry Hathaway e producido por Otto Lang cun guión de Ivan Goff e Ben Roberts, baseado na novela do mesmo título publicada por Louise A. Stinetorf en 1950. A música é de Bernard Herrmann, e é notable polo uso do serpentón, un instrumento obsoleto. A acción acontece no Congo Belga en 1907 cando unha enfermeira procedente dos Estados Unidos pretende chegar á consulta dun doutor branco no medio de África, un aventureiro ofrécese a levala, e no medio de múltiples aventuras chega o amor.

Produción Aínda que Henry Hathaway filmou en África, a maioría filmouse nun estudio da Fox.Reid, John These Movies Won No Hollywood Awards Lulu.com, 2005, p. 206 O xefe do estudio Darryl F. Zanuck pediu que lle engadisen á historia orixinal de Stinetorf, que fora misioneira en Palestina durante dous anos,VV.AA. Indiana authors and their books, 1917-1966 Wabash College, 1974, p. 667 unha trama con acción e unha historia de amor.Behlmer, Rudy Memo from Darryl F. Zanuck: The Golden Years at Twentieth Century-Fox Grove Press, 1995, p. 208

Notas

Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes dirixidos por Henry Hathaway Categoría:Filmes de aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1907