José Benito López Losada, coñecido por Benito Losada, nado en Lugo o 19 de novembro de 1946 e finado en Ourense o 6 de febreiro de 2011. Nomeado Delegado de Xuventude da Provincia de Ourense no ano 1975, ocupa ese cargo ata xaneiro de 1978, ano no que pasa a dirixir a Casa da Xuventude de Ourense ata 2010. Xestor cultural galego altamente recoñecido, Benito Losada, desenvolvería a súa actividade fundamentalmente ao abeiro da Casa da Xuventude de Ourense.
Traxectoria Foi confundador das extintas Agrupación Fotográfica Ourensá (1985), do Colectivo Landrover de Técnicos Culturais, do Clube Cultural Alexandre Bóveda (1990) e Aira Iniciativas Culturais. Tamén foi cofundador de Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Imaxinou e dinamizou o Outono Fotográfico que dirixiu durante 28 anos e no que expuxeron máis de 3.000 fotógrafas e fotógrafos. Iniciou e potenciou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense durante XXII edicións e do Premio Ourense de BD; ideou a Bienal de Caricatura que dirixiu durante 9 edicións; impulsou iniciativas como Diapo Galicia, Maio Xove, o Concurso de Contos para a Mocidade que no 2011 entregou o seu XXVIII premio, a Fanzinoteca con 1.900 títulos en 23 idiomas hoxe depositada na Cidade da Cultura, así como decenas de iniciativas que o converten nun referente indispensable da vida cultural galega e ourensá durante as últimas catro décadas.
Foi membro da Comisión Técnica de Acción Cultural do Consello da Cultura Galega.Cultura e participación. Actas dos III Encontros Cultura e Concellos. Consello da Cultura Galega. Xan Bouzada Fernández (Coord.)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Outono Fotográfico Páxina das Xornadas da BD Páxina de Difusora de Letras, Artes e Ideas
Categoría:Personalidades da cultura de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes