Police Story 2 (en ) é un filme de Hong Kong dirixido, escrito e protagonizado por Jackie Chan que se estreou en 1988. É a secuela do filme de 1985 Armas invencibles (tamén coñecida como Police Story.

Sinopse Kevin Chan é un policía cunha brillante carreira, pero os seus métodos pouco ortodoxos provocan que acabe relegado ó departamento de tráfico. Porén, un criminal que xurara vingarse del, sae do cárcere e perségueos a el e á súa moza. Ó mesmo tempo, o xefe da policía estuda a posibilidade de devolver a Kevin o seu destino anterior para que lles axude a atrapar a uns criminais que extorsionan diversos construtores, ós cales ameazan con facer estourar bombas nos seus edificios.

Personaxes Jackie Chan como Sarxento "Kevin" Chan Ka-Kui Maggie Cheung como May Chor Yuen como Chu Tu Charlie Cho como John Koo Lam Kwok-Hung como Superintendente Raymond Li Bill Tung como "Tío" Bill Wong Mars como Inspector Kim Benny Lai como Dummy / Xefe criminal Johnny Cheung como Cheung Ben Lam como Tall Pau Hung Chi Fai Chan como Ngor Shan Kwai como Presidente Fung Isabella Wong como Secretaria do presidente Fung Ann Mui como Karen

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Jackie Chan Categoría:Filmes de Golden Harvest Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes de artes marciais