miniatura|220px|Pazo de Ortigueira, máis coñecido como de Santa Cruz de Ribadulla. Juan Ignacio de Armada Mondragón y Caamaño, nado no pazo de Ortigueira, Santa Cruz de Ribadulla, en agosto de 1757 e finado en Santiago en 1824, foi un aristócrata galego, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla.

Traxectoria Era o segundo fillo de Juan Antonio Armada y Mondragón, III marqués de Santa Cruz de Ribadulla e da súa esposa Ana Ignacia García de Castro. En 1770 sentou praza de cadete e, en 1775 formou parte da expedición a Alxer. En 1792 foi destinado como gobernador de Maracaibo, cargo que exerceu até 1802, en que regresou a Galicia para facerse cargo do marquesado, por falecer o seu irmán máis vello Antonio, que non tivera descendencia.Armada .

Casou en Madrid o 8 de xaneiro de 1793 con Petra Guerra y García de Briones, coa que tivo en Maracaibo en 1796 a Juan Ignacio Armada Mondragón y Guerra, que foi o VI marqués de Santa Cruz de Ribadulla.Juan Ignacio Armada y Mondragón en Geneall.

En maio de 1808 ocorre a invasión napoleónica. Santiago ferve en ardor patriótico; os estudantes desexan loitar contra os franceses. O claustro universitario, aproveitando as boas disposicións dos alumnos, nunha reunión presidida por Rafael de Múzquiz, arcebispo de Santiago, acordou organizar un batallón para colaborar co movemento popular a prol de liberar o país. En doce días, o batallón xa contaba con 1.250 voluntarios. O arcebispo, señor da cidade, nomea por aclamación dos estudantes como xefe da unidade ao coronel marqués de Santa Cruz de Rinadulla, "suxeito ben coñecido no noso continente e colonias pola súa pericia militar, patriotismo e amor ás letras". Aceptou o marqués a encarga e presentouse aos estudantes cunha brillante arenga, disposto para facer a guerra ao seu custo. Dotado o batallón de bandeira,Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. capelán e oficiais, comezou a instrución. Pronto estivo preparado (en apenas 42 días), dándoselle ordes, e déuselle a orde de incorporarse ao exército do Oeste, que estaba ao mando do xeneral Joaquín Blake, onde formaron a vangarda xunto aos voluntarios navarros. O batallón interveu con varia fortuna en accións bélicas, nas que demostrou valor e pericia. Un dos episodios máis recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo mariscal Ney.

Mentres o marqués estaba en campaña, a súa esposa recibiu a visita de Jovellanos, que pasou en Santa Cruz unha temporada en 1811, cando recalara en Muros, camiño de Xixón.

miniatura|300px|Retablo da capela da Piedade da catedral de Santiago, onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.

Juan Ignacio Armada foi ascendido a brigadier pola Xunta Suprema do Reino de Galicia, continuando ao mando do Real Corpo Militar Literario da Universidade de Santiago.Recibiu varias condecoracións, así como a Cruz de Comendador da Orde de Isabel a Católica e a Gran Cruz de San Hermenexildo. Tamén foi nomeado doutor honoris causa da Universidade de Santiago, en todas as súas facultades.

Rematada a guerra pasou en Santa Cruz moitas temporadas. Arranxou a leira, terminou o trazado do parque e trouxo plantas de América, mandou contruír o estanque grande do xardín e ocupouse de ampliar a casa. Arrequeceu a biblioteca con algúns libros militares históricos.Faleceu en Santiago en 1824, sendo soterrado na catedral de Santiago, na capela da Piedade (tamén chamada de Mondragón ou de Santa Cruz).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Batallón Literario Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla

Categoría:Militares da Guerra de Independencia Española Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nobreza Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1757 Categoría:Finados en 1824