A UEFA Futsal Chamapions League (antigamente chamada UEFA Futsal Cup) é a máxima competición continental de fútbol sala a nivel de clubs en Europa. Nela compiten os campións das 48 ligas europeas, así como o campión da edición anterior. O equipo gañador é considerado o campión de Europa. O torneo foi creado en 2001 pola UEFA para substituír o non oficial Campionato de Europa de Clubs, que fora creado en 1984 de xeito independente polas propias ligas europeas á marxe da UEFA. Formato Na edición 2011-12 o formato da competición foi o seguinte: Rolda previa. Dos 49 equipos participantes, os 28 correspondentes ás ligas nacionais cunha inferior puntuación na clasificación da UEFA, tiveron que disputar unha rolda previa. Esta rolda previa consistiu en 7 grupos de 4 equipos que xogaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal os 7 equipos que se clasificaron en primeira posición, acadaron o pase para a seguinte rolda. Rolda principal. Os 7 equipos clasificados dende a rolda previa, e os outros 17 equipos clasificados directamente para a rolda principal, foron repartidos en 6 grupos de 4 equipos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a seguinte rolda os 2 primeiros clasificados de cada grupo. Rolda Elite. A esta rolda chegaron os 12 equipos clasificados dende a rolda principal, e os 4 equipos clasificados directamente, que son os 4 equipos correspondentes ás 4 ligas punteiras na clasificación na UEFA. Estes 16 equipos foron de novo divididos en 4 grupos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a Final Four os líderes de cada grupo. Final a catro. Nun mesmo fin de semana disputáronse as dúas semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a gran final, nun mesmo pavillón. Palmarés O palmarés da UEFA Futsal Champions League está dominado polos clubs da LNFS española, que saíron campións en 6 das 12 edicións. O Inter FS é o club máis laureado do continente, con 3 títulos e 2 subcampionatos. Finais da UEFA Futsal Champions League (torneo oficial)TempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2018/19 Sporting CP 2-1 Kairat Almaty FC 2017/18 Inter FS 5-2 Sporting CP 2016/17 Inter FS 7-0 Sporting CP 2015/16 Ugra Yugorsk 4-3 Inter FS 2014/15 Kairat Almaty FC 3-2 FC Barcelona Futsal 2013/14 FC Barcelona Futsal 5-2 MFK Dinamo Moscova 2012/13 Kairat Almaty FC 4-3 MFK Dinamo Moscova 2011/12 FC Barcelona Futsal 3-1 MFK Dinamo Moscova 2010/11 Città di Montesilvano 5-2 Sporting CP 2009/10 SL Benfica 3-2 Inter FS 2008/09 Inter FS 5-1 MFK Viz-Sinara 2007/08 MFK Viz-Sinara 4-4 P. El Pozo Murcia 2006/07 MFK Dinamo Moscova 2-1 Inter FS 2005/06 Inter FS 6-3 e 4-3 MFK Dinamo Moscova 2004/05 Action 21 Charleroi 4-3 e 6-6 MFK Dinamo Moscova 2003/04 Inter FS 4-1 e 4-3 SL Benfica 2002/03 Playas de Castellón FS 1-1 e 6-4 Action 21 Charleroi 2001/02 Playas de Castellón FS 5-1 Action 21 Charleroi Malia que a UEFA non recoñece como oficiais as edicións disputadas antes do ano 2002, moitos clubs engaden no seu palmarés os títulos acadados no antigo Campionato de Europa de Clubs, que daquela organizaban as propias ligas europeas. Naquela competición salientou por riba doutros clubs o MFK Dina Moscova, que deixou constancia do seu gran nivel disputando 5 finais, das que gañou 3. Finais do Campionato de Europa de Clubs (torneo non oficial)TempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2000/01 Playas de Castellón FS 4-2 MFK Dina Moscova 1999/00 Caja Segovia FS 4-1 Gruppo Sportivo BNL 1998/99 MFK Dina Moscova 2-1 SS Lazio 1997/98 CLM Talavera 3-3 P. MFK Dina Moscova 1996/97 MFK Dina Moscova 2-2 P. Gruppo Sportivo BNL 1995/96 Gruppo Sportivo BNL 5-4 AD Super Sego FS 1994/95 MFK Dina Moscova 6-5 Maspalomas FS 1993/94 Marsanz Torrejón FS 11-3 MNK Uspinjača Zagreb 1992/93 - Non se disputou - 1991/92 - Non se disputou - 1990/91 Inter FS 7-0 AR Freixieiro 1989/90 Roma RCB 2-1 La Garriga FS 1988/89 MNK Uspinjača Zagreb 3-0 MNK Kutina 1987/88 ZVK Ford Genk 3-0 FC Kras Boys 1986/87 Næstved IF 7-0 ZVK Hasselt 1985/86 Drei Keuninge 3-3 P. ZVK Hasselt 1984/85 ZVC Hoboken 3-3 P. FC Kras Boys
Véxase tamén Outros artigos Recopa de Europa de Fútbol Sala Liga Nacional de Fútbol Sala Ligazóns externas Páxina oficial da UEFA Futsal Cup na web da UEFA Crónica sobre a final de 2012 en Marca
Categoría:Competicións de fútbol sala de Europa Categoría:Competicións de clubs da UEFA