BIRD, acrónimo de Bispectral InfraRed Detector, é un satélite artificial alemán lanzado o 22 de outubro de 2001 mediante un foguete indio PSLV desde o complexo de lanzamento de Sriharikota.
Características A misión de BIRD, de 94 kg de masa, é servir de demostrador tecnolóxico para sensores de teledetección e realizar observacións da superficie terrestre coa finalidade de observar incendios forestais e cambios na vexetación.
Instrumentos BIRD leva dous instrumentos a bordo:
HSRS (Hot SPOT Recognition Sensor system): un sensor infravermello de dous canais para a observación da superficie terrestre. WAOSS-B (Wide-Angle Optoelectronic Stereo Scanner): unha cámara estereográfica de gran angular.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de BIRD en DLR
Categoría:Satélites artificiais