A tempada 2009-2010 da Kontinental Hockey League foi a segunda tempada desta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga comezou o 10 de setembro de 2009 e finalizou o 27 de abril de 2010, cunha paréntese debida aos Xogos Olímpicos disputados en Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.KHL President Approves The Rules And The Calendar Of KHL Championship in 2009/2010 Season, publicado o 1 de xullo de 2009 en KHL.ru O campión desta edición foi o equipo ruso Ak Bars Kazan, que conseguiu revalidar o título obtido na tempada inaugural logo de vencer na final disputada ao mellor de sete encontro ao tamén ruso HC MVD por catro vitorias a tres.
Trocos na liga O 16 de xuño de 2009, a xunta directiva da KHL aprobou algúns trocos para a liga na tempada 009–10.KHL Board Of Directors Approved Championship Structure, publicado o 16 de xuño de 2009 en KHL.ru
Trocos nos equipos A liga admitiu un novo equipo, o Avtomobilist Ekaterinburg. O Khimik Voskresensk non xogou na tempada 2009-2010 por problemas financeiros, mais continúa a ser membro da KHL e poderá retornar á competición no futuro, mentres tanto xogará na Vysshaya hokkeinaya liga. O número de equipos mantívose polo tanto en 24 para a tempada 2009-2010.
Redistribución das divisións Os equipos agrupáronse xeograficamente para facilitar os desprazamentos. A liga dividiuse na Conferencia Oeste e na Conferencia Leste, estas dúas conferencias divídense á vez en dúas divisións de seis equipos. Cada equipo xoga contra os equipos da súa mesma división catro veces (un total de 20 partidos) e cada equipo xoga contra os outros equipos das outras divisións 2 veces (para un total de 36 partidos). Cada equipo xoga 56 partidos ao longo da liga regular.
Estrutura dos playoffs Os oito mellores equipos de cada conferencia cualifícanse para os playoffs. As dúas primeiras prazas resérvanse aos campións de división.
En cada conferencia xóganse cuartos de final, semifinais e finais, os campións de cada conferencia se enfrontan na final da liga para facerse coa Gagarin Cup. Os cuartos de final de conferencia xóganse ao mellor de cinco partidos, mentres que o resto das series son ao mellor de sete encontros. Os períodos de prórroga duran 20 minutos ou ata que un dos dous equipos anote un gol de ouro.
Tope salarial O salario máximo para tódolos xogadores dun equipo limitouse a 620 millóns de rublos. O salario mínimo total para os xogadores estableceuse nos 200 millóns de rublos. A cada equipo da liga se lle concedeu un "xogador franquía" que non conta para o tope salarial.
Cadros Os equipos sénior podían contar con 25 xogadores, ao igual que os equipos júnior. O número de xogadores estranxeiros foi restrinxido a 5, e como moito un deles como porteiro.
Liga Júnior A liga puxo en funcionamento unha maior e máis avanzada categoría inferior júnior para centrarse no desenvolvemento. Esta liga ten xogadores de entre 17 e 21 anos.
Draft O 1 de xuño de 2009 tivo lugar o primeiro draft da KHL. O instituto de cada equipo de hóckey puido protexer 25 xogadores do grupo de idade 17-21 antes do draft.
Equipos participantes (2009-10) A KHL divídese en catro divisións configuradas en base á proximidade das poboacións entre si. Nesta edición tomaron parte un total de 24 equipos, sendo a meirande parte deles rusos (21), mentres que Belarús, Kazakhstán e Letonia achegaron un cada un.
Xogadores Na segunda edición da KHL tomaron parte un total de 718 xogadores repartidos nos 24 equipos que participaron. A meirande parte dos xogadores foron de nacionalidade rusa (529), mentres que tan só 189 xogadores non eran rusos.
PaísXogadores (2009/2010)% de non rusos% do total da liga Rusia (21 equipo na KHL)529/73.6% Kazakhstán (1 equipo na KHL)3015.8%4.1% Belarús (1 equipo na KHL)2613.7%3.6% República Checa2513.2%3.4% Canadá2513.2%3.4% 20px Letonia (1 equipo na KHL)2412.7%3.3% Eslovaquia2010.6%2.7% Finlandia115.8%1.5% Suecia94.7%1.2% Ucraína84.2%1.1% Estados Unidos63.1%0.9% Alemaña21.1%0.2% Noruega10.5%0.1% Austria10.5%0.1% Suíza10.5%0.1% TOTAL718 (189 non rusos)100%100% (26.4% non rusos)
Liga regular A liga regular comezou o 10 de setembro de 2009 coa "Opening Cup" e finalizou o 7 de marzo de 2010. Producíronse pequenos paróns a causa das convocatorias das seleccións nacionais e o All-Star game, así como un largo parón polos Xogos Olímpicos celebrados na cidade canadense de Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010. Cada un dos equipos xogou un total de 56 partidos (4 veces fronte aos equipos da súa división e 2 fronte os outros equipos da competición). O campión da liga regular recibiu por primeira vez a Continental Cup.
Eventos salientables
Opening Cup O primeiro partido da KHL é a "Opening Cup", xogada entre os dous finalistas da edición anterior. No 2009, o partido disputouse no Tatneft Arena de Kazan e resultando gañador o equipo local do Ak Bars Kazan, que gañou ao Lokomotiv Yaroslavl por 3 goles a 2 no tempo extra. Os dous equipos vestiron uniformes especiais co logo da "Opening Cup".Eight Days Left Before The Opening Cup Game, publicado o 2 de setembro de 2009 en KHL.ru
Regreso de Fetisov O 11 de decembro de 2009, a lenda do hóckey sobre xeo ruso Viacheslav Fetisov realizou un partido de retorno ao hóckey sobre xeo profesional á idade de 51 anos. Neste partido no que xogou co CSKA Moscova xogou oito minutos sen disparar á portería, mais creando un grande interese dos medios, non só para el senón tamén para o CSKA de Moscova e a propia KHL.Fetisov’s Day, publicado o 11 de decembro de 2009 en KHL.ru]
Pelexa multitudinaria en Chekhov O 9 de xaneiro de 2010, no partido entre o Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk, estalou unha multitudinaria pelexa no minuto catro do primeiro período que obrigou aos árbitros a suspender o partido, xa que só quedaban catro xogadores sen amoestar que puideran xogar. 33 xogadores e os adestradores dos dous equipos foron expulsados e produciuse un récord de 707 penalty minutes.This is hockey? , publicado o 9 de xaneiro de 2010 en KHL.ru A KHL impuxo unha multa de 5.7 millñóns de rublos, suspendey a sete xogadores, e contou o partido como unha derrota por 5-0 para os dous equipos, sen repartir puntos a ningún dos dous equipos.Both teams lose , publicado o 10 de xaneiro de 2010 en KHL.ru
All-Star Game O 2º All-Star Game da KHL disputouse o 30 de xaneiro de 2010 no Minsk-Arena de Minsk (Belarús). Ao igual que no ano anterior, o Equipo Jágr gañou fronte ao Equipo Yashin, desta vez por un marcador de 11 a 8.No revenge for Yashin , publicado o 30 de xaneiro de 2010 en KHL.ru
Continental Cup O 5 de marzo de 2010 o Salavat Yulaev Ufa gañou a primeira Continental Cup da historia da KHL logo de proclamarse campións de xeito matemático un partido antes de que finalizara a liga regular.
Lenda Fonte: khl.ru
PX: Partidos xogados GF: Goles a favor GC: Goles en contra Pts: Puntos
Os puntos repártense do seguinte xeito: 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V") 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW") 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL") 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")
Campión de División Clasificado para os playoffs
Clasificación das divisións Conferencia Oeste
División Bobrov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts SKA San Petersburgo56 36 1 3 3 3 10 192 118 122 Dynamo Moscova56 28 2 3 4 3 16 166 151 101 Spartak Moscova56 24 4 4 4 0 20 178 168 92 CSKA Moscova56 22 3 5 4 1 21 148 135 87 Dinamo Riga56 23 1 3 4 3 22 174 175 84 Dinamo Minsk56 17 1 5 2 0 31 139 164 65
División Tarasov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts HC MVD56 30 1 0 6 4 15 160 135 102 Atlant Moscow Oblast56 24 4 9 1 2 16 173 137 101 Lokomotiv Yaroslavl56 26 3 2 4 4 17 163 132 96 Torpedo Nizhny Novgorod56 22 1 1 1 4 27 154 163 75 Severstal Cherepovets56 16 2 7 6 2 23 151 16274 Vityaz Chekhov56 13 3 2 2 3 33 142 216 54
Conferencia Leste
División Kharlamov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Metallurg Magnitogorsk56 34 2 4 1 0 15 167 111 115 Ak Bars Kazan56 25 4 4 3 2 18 159 128 96 Neftekhimik Nizhnekamsk56 27 3 1 4 0 21 176 166 93 Traktor Chelyabinsk56 18 0 3 2 2 31 137 192 64 Avtomobilist Ekaterinburg56 14 2 6 2 4 28 127 159 64 Lada Togliatti56 14 0 2 6 3 31 115 173 55
División Chernyshev PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Salavat Yulaev Ufa56 37 4 3 3 1 8 215 116 129 Avangard Omsk56 24 2 2 6 4 18 152 12890 Barys Astana56 20 5 1 6 1 23 169 173 79 Sibir Novosibirsk56 15 2 5 3 1 30 147 190 63 Amur Khabarovsk56 12 3 6 4 2 29 129 187 60 Metallurg Novokuznetsk56 13 1 2 2 5 33 105 159 52
Clasificación das conferencias As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.
Conferencia Oeste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts SKA San Petersburgo56 36 1 3 3 3 10 192 118 122 HC MVD56 30 1 0 6 4 15 160 135 102 Dinamo Moscova56 28 2 3 4 3 16 166 151 101 Atlant Moscow Oblast56 24 4 9 1 2 16 173 137 101 Lokomotiv Yaroslavl56 26 3 2 4 4 17 163 132 96 Spartak Moscow56 24 4 4 4 0 20 178 168 92 CSKA Moscow56 22 3 5 4 1 21 148 135 87 Dinamo Riga56 23 1 3 4 3 22 174 175 84 Torpedo Nizhny Novgorod56 22 1 1 1 4 27 154 163 75 Severstal Cherepovets56 16 2 7 6 2 23 151 16274 Dinamo Minsk56 17 1 5 2 0 31 139 164 65 Vityaz Chekhov56 13 3 2 2 3 331 1421 2161541
Conferencia Leste PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts Salavat Yulaev Ufa56 37 4 3 3 1 8 215 116 129 Metallurg Magnitogorsk56 34 2 4 1 0 15 167 111 115 Ak Bars Kazan56 25 4 4 3 2 18 159 128 96 Neftekhimik Nizhnekamsk56 27 3 1 4 0 21 176 166 93 Avangard Omsk56 24 2 2 6 4 18115211281901 Barys Astana56 20 5 1 6 1 23 169 173 79 Traktor Chelyabinsk56 18 0 3 2 2 31 137 192 64 Avtomobilist Ekaterinburg56 14 2 6 2 4 28 127 159 64 Sibir Novosibirsk56 15 2 5 3 1 30 147 190 63 Amur Khabarovsk56 12 3 6 4 2 29 129 187 60 Lada Togliatti56 14 0 2 6 3 31 115 173 55 Metallurg Novokuznetsk56 13 1 2 2 5 33 105 159 52
1 A KHL decidiu que, como resultado do partido entre Vityaz Chekhov e Avangard Omsk o 9 de xaneiro de 2010 que se suspendeu a causa dunha liorta que deixou aos dous equipos sen un número suficiente de xogadores para continuar, o xogo podería considerarse unha derrota por 5-0 para os dous equipos sen puntos que adxudicar.
Líderes da liga Fonte: khl.ru
{| class="wikitable" style="text-align:left;" |- || Goles || Marcel Hossa (Riga)|| 35 |- || Asistencias || Alexei Yashin (SKA) || 46 |- || Puntos || Sergei Mozyakin (Atlant) || 66 |- || Disparos a portería || Marcel Hossa (Riga) || 216 |- || Plus-minus || Patrick Thoresen (Ufa) || +45 |- || Penalty minutes || Darcy Verot (Chekhov) || 374 |- || Vitorias (porteiros) || Robert Esche (SKA) || 29 |- || Media de goles en contra || Petri Vehanen (Kazan) || 1.73 |- || Porcentaxe de paradas || Petri Vehanen (Kazan) || 93.5 |- || Shutouts || Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) || 8 |} Porteiros: mínimo de 20 partidos xogados.
Máximos anotadores Fonte: khl.ruPlayer Stats: 2009–2010 Regular Season: All Skater – Total Points
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Xogador Equipo PX G A Pts +/– PIM Atlant Moscow Oblast 56 27 39 66 +24 44 SKA San Petersburgo 56 27 38 65 +28 87 SKA San Petersburgo 56 18 46 64 +21 38 Salavat Yulaev Ufa 54 24 39 63 +44 62 Dynamo Moscova 56 26 34 60 +10 36 Salavat Yulaev Ufa 56 24 33 57 +45 71 Dinamo Riga 56 35 19 54 –3 44 Dynamo Moscovo 54 19 35 54 +7 115 Spartak Moscova 56 18 36 54 –4 18 Salavat Yulaev Ufa 47 17 36 53 +24 83
Mellores porteiros Fonte: khl.ruPlayer Stats: 2009–2010 Regular Season: Goalie – Goals Against Average</small>
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; SOL = Shootout perdidos; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra