Laura del Río García, nada en Madrid o 5 de febreiro de 1982, é unha exfutbolista española.

Traxectoria Debutou no AD Torrejón CF, e máis tarde foi traspasada ao Levante UD de Valencia. Logo de gañar dúas Superligas e dúas Copas da Raíña co Levante marchou para o CE Sabadell e logo volveu logo de dúas tempadas alí para o Levante UD onde estivo catro anos. No ano 2008 incorporouse ao FC Indiana da W-League dos Estados Unidos. No verán do 2009 asinou polo FFC Frankfurt da Bundesliga de Alemaña, un dos equipos máis potentes do fútbol feminino en Europa. En 2011 fichou polo Philadelphia Independence, con quen logrou o campionato WLS, no que tamén xogou como dianteira.

Tras desaparecer a WPS e o Independence en 2012 incorporouse ao Bristol Academy WFC, da WSL inglesa. Alí xogou tres temporadas antes de regresar á Liga estadounidense. En 2015 asinou polo Washington Spirit, onde conseguiu o seu segundo subcampionato na Women's Soccer League.

O 12 de xullo de 2017 uniuse ao Madrid CFF da Superliga española, onde se retirou en agosto de 2019.

ClubTempadaCategoríaTotalesXogadosGoles AD Torrejón CF1999-2000Superliga Levante UD2000-2002Superliga CE Sabadell2002-2004Superliga Levante UD2004-2008Superliga FC Indiana2008-2009W-League FFC Frankfurt2009-2010Bundesliga Femenina 10 6 Boston Breakers2010Women's Professional Soccer 21 1 Philadelphia Independence2011-2012Women's Professional Soccer 17 2

Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1982