Castor 4A é o nome dun foguete estadounidense fabricado por Thiokol e usado como acelerador ou primeira etapa nalgúns foguetes.

Usado como foguete acelerador, melloraba nun 11% a eficiencia dos foguetes Delta grazas ó uso de propelente HTPB (polibutadieno). Como acelerador usouse cos foguetes Delta 6900 e Atlas IIAS. Voou por primeira vez en 1982.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castor (foguete) Castor 1 Castor 2 Castor 120 Castor 4 Castor 4AXL

Categoría:Foguetes espaciais