Salvador Mosteiro Pena, nado en Betanzos o 24 de febreiro de 1896 e finado na Coruña o 11 de maio de 1982, foi un médico e lexicógrafo galego.

Traxectoria miniatura|300px|Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar. Estudou medicina e odontoloxía en Santiago de Compostela e Madrid. Ampliou estudos en París en 1923. Regresou a Galicia e exerceu a odontoloxía en Lugo e na Coruña.

Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Como membro da Irmandade de Betanzos participou na Asemblea Nazonalista de Lugo (1918). Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Buenos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930. Obras Vocabulario castellano-gallego de las Irmandades da FalaO Vocabulario das Irmandades da Fala, publicado no Portaldaspalabras.gal o 5 de maio de 2016; inclúe documento PDF co vocabulario dixitalizado., 1933.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos I Asemblea Nacionalista Ligazóns externas , Concepción (2009). "Homenaxe a Salvador Mosteiro Pena" Anuario Brigantino, 32.

Categoría:Xornalistas de Betanzos Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1982