Donald Jay "Don" Rickles, nado o 8 de maio de 1926 en Queens (Nova York) e finado o 6 de abril de 2017 en Beverly Hills (California), foi un actor estadounidense. Apareceu en diversos filmes como Run Silent, Run Deep (1958) xunto a Clark Gable, Os violentos de Kelly (1970) con Clint Eastwood e Casino (1995) con Robert De Niro. A súa carreira profesional comezou no ano 1976, e entre os seus maiores éxitos salientan a serie de humor de NBC C.P.O. Sharkey e a súa propia serie, The Don Rickles Show (1972).

Un actor principal nos hoteis e casinos das Vegas e membro periférico de Rat Pack a través da súa amizade con Frank Sinatra,Rickles, Don and David Ritz (2007). Rickles' Book: A Memoir. Simon & Schuster. p. 91 . Rickles recibiu unha ampla exposición como convidado adoito en programas de entrevistas e variedades, que inclúen The Dean Martin Show, The Tonight Show Starring Johnny Carson e Late Show with David Letterman, e tamén puxo a voz do Mr. Potato Head na franquía cinematográfica de Toy Story. Gañou un Premio Emmy Primetime polo documental de 2007 Mr. Warmth: The Don Rickles Project.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Queens Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia lituana Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía