The River é unha serie estadounidense de temática paranormal que se estreou o 7 de febreiro de 2012 nos Estados Unidos. A serie emitiuse na canle americana ABC. Foron producidos oito episodios para a primeira temporada. A serie emitiuse dende o 7 de febreiro de 2012 ata o 20 de marzo de 2012. O 11 de maio de 2012, ABC cancelou oficialmente a serie.

Sinopse O famoso explorador Dr. Emmet Cole (Bruce Greenwood) foi na busca da "maxia" na profundidade do Amazonas, pero desaparece misteriosamente. O segredo da súa desaparición está aí fóra, agardando a ser descuberto. Seis meses despois, o seu fillo Lincoln (Joe Anderson); quen mantiña unha difícil relación co seu pai, está listo para soterrar o pasado, pero a baliza do barco do seu pai acende de súpeto. Ante a insistencia da súa nai (Leslie Hope), Lincoln únese a ela na procura do seu pai. Para financiar o rescate, acordan co astuto ex-produtor, Clark Quitely (Paul Blackthorne) gravar a expedición e emitila en televisión como un documental. Na expedición atópanse vellos amigos como a filla dun cámara desaparecido, Lena Landry (Eloise Mumford), o mecánico do Magus, Emilio Valenzuela (Daniel Zacapa)e o garda de seguridade, o capitán Kurt Brynildson (Thomas Kretschmann).

Personaxes Bruce Greenwood como Dr. Emmet Cole Joe Anderson como Lincoln Cole Leslie Hope como Tess Cole Eloise Mumford como Lena Landry Paul Blackthorne como Clark Quietly Thomas Kretschmann como Capitán Kurt Brynildson Daniel Zacapa como Emilio Valenzuela Shaun Parkes como Andres Jude (A.J.) Poulain Paulina Gaitán como Jahel Valenzuela Katie Featherston como Rosetta "Rabbit" Fischer Scott Michael Foster como Jonas Beckett

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2012 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2012 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América