Amancio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 3 de novembro de 1918 e finado ibídem o 28 de xullo de 2018, foi un historiador naval e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Prudencio Landín Tobío. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1941), foi profesor axudante de Dereito penal. Ingresou no corpo xurídico da Armada (1942) e foi coronel auditor (1966). Foi bolseiro do Instituto Histórico de Mariña do Consello Superior de Investigacións Científicas (1943-45). Doutorouse en Dereito pola Universidade de Madrid en 1974. Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia. Dirixiu o periódico Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina.
É pai do político Amancio Landín Jaraiz.
Obras Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa, 1945. Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares, 1947. Estudio criminológico sobre la multirreincidencia, 1965. España y Galicia en el estrecho de Magallanes, 1970. Tropa de hidalgos y mareantes, 1970. Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico, 1971. Islario español del Pacífico, 1984. Miscelánea marinera, 1984. Galicia e os descubrimentos oceánicos, 1991. Noticias de Portomaior, 1995. Figuras con mi pueblo al fondo, 2002. Caminar es vivir, 2006.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Xenealoxía dos Landín Amancio Landín: "Filgueira me llamaba 'Rillote", Diario de Pontevedra, 8/3/2015 .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1918 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Militares de Galicia