O Football Club Metalist Kharkiv (en ucraíno: Футбо́льний Клуб Металі́ст Ха́рків) é un equipo profesional de fútbol da cidade ucraína de Khárkiv, fundado en 1925, que compite na Premier Liha. O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Metalist, construído en 1926, e remozado en 2009 para acoller tres encontros da Eurocopa 2012.
No seu palmarés de títulos oficiais non hai máis que unha Copa da URSS, gañada en 1988. Malia todo, nos últimos anos pasou a formar parte da elite dos clubs de fútbol do país. Logrou ser subcampión na tempada 2012–13 e ten seis terceiros postos, sempre atrás do Dynamo de Kíiv e do Shakhtar Donetsk.
Palmarés Torneos ucraínos Premier Liha Subcampións (1): 2012–13 Terceiro posto (6): 2006–07, 2007–08 (desposuído), 2008–09, 2009–10, 2010–11, 2011–12, 2013–14
Persha Liha Subcampións (1): 2003–04
Copa de Ucraína Subcampións (1): 1992
Torneos soviéticos Primeira Liga Campións (1): 1981
Copa da Unión Soviética Campións (1): 1987–88 Subcampións (1): 1983
Copa da Federación Soviética Subcampións (1): 1987
Supercopa da Unión Soviética Subcampións (1): 1989
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club Páxina oficial da liga ucraína de fútbol
Metalist Kharkiv