O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.

Historia O Lukko fundouse o 8 de novembro de 1936 no Rauma Wood, onde se celebrou a reunión fundacional. Inicialmente o club naceu para desenvolver actividades de atletismo durante o verán e de esquí no inverno, e non foi ata unha década despois cando o hóckey sobre xeo integrouse nas actividades do club, sumándose á orientación, o ciclismo, o piragüismo, a ximnasia, a natación, a halterofilia, fútbol, bandy, pesäpallo, hóckey sobre herba, e os xa citados atletismo e esquí.

Oiva Helimo, quen levou os primeiros equipamentos da modalidade a Rauma dende Loimaa, é considerado o pai do hóckey sobre xeo en Rauma. En 1946 Helimo invitou á xente a probar o novo deporte no xeo do estanque ao lado do serradoiro. miniatura|Equipo do Lukko campión de Finlandia en 1963. Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos). Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7 820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPa Risto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.

O 12 de novembro de 2016 o club celebrou o seu 80º aniversario no partido que o enfrontou ao Tappara.

Xogadores Xogadores destacados Tero Arkiomaa (1991–1996) Petr Briza (1991–1993) Hal Gill (2004–2005) Tuomas Grönman (1992–1994, 2000–2002) Janne Grönvall (1989–1992) Esa Hakkarainen (1970–1984) Esa Keskinen (1988–1991) Jarmo Kuusisto (1979–1995, 1997–1998) Jari Laiho (1973–1987) Topi Lehtonen (1999–2004, 2005–2006) Petri Lätti (1989–2003) Allan Measures (1987–1993, 1999–2001) Mika Nieminen (1991–1992) Janne Niskala (2000–2005) Toni Porkka (1988–1991, 1994–1996, 2002–2006) Pentti Rautalin (1958–1972) Juha Riihijärvi (1994–1996) Jouni Rinne (1972–1980, 1981–1982) Kimmo Rintanen (1990–1994)  Dwayne Roloson (2004–2005) Boris Rousson (1994–1997) Pasi Saarela (1990–1995, 2000–2006, 2008–2009) Timo Saarikoski (1989–1993) Kalle Sahlstedt (1991–1997) Janis Sprukts (2000–2001, 2007–2008) Josef Straka (2006–2007) Harri Suvanto (1988–1995, 1998–2000) Leonids Tambijevs (1997–2000) Mikael Tellqvist (2009–2010) Esa Tommila (1981–1992) Shayne Toporowski (2004–2008) Sami Torkki (1996–2005) Miikka Tuomainen (2005–2011) Seppo Vainio (1954–1967) Petri Vehanen (2001–2006, 2007–2010) Ismo Villa (1971–1988) Juhani Wallenius (1974–1981, 1983–1986)

Números retirados Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:

Números retirados por Lukko NºXogador 4 Teppo Rastio 4 Jouni Peltonen 7 Matti Keinonen 8 Jorma Vehmanen 13 Jari Torkki 26 Matti Forss 33 Petri Vehanen 77 Erik Hämäläinen

Equipo feminino miniatura|Xogadoras do Lukko durante a tempada 2022-23, a última do hóckey feminino no club de Rauma.

Durante anos o club contou cun equipo feminino que chegou competir na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O Lukko oficializou o seu equipo feminino na tempada 1997-98 ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona. Con todo, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.

Palmarés Trofeos colectivos 230px|miniatura|A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. Lukko proclamouse campión de Finlandia en dúas ocasións. SM-liiga A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021. 3 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1961, 1966 e 1988. 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014.

O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Lukko gañou este galardón nunha única ocasión: 2021.

Suomen Cup Campión: 1964 e 1969.

Trofeos individuais Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de catro xogadores de Lukko recibiron este galardón, todos eles cun galardón na súa carreira no equipo de Rauma: Pentti Jokinen: 1963 Jouni Rinne: 1976 Juha Riihijärvi: 1996 Pasi Saarela: 2005 Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores de Lukko fixéronse co galardón: Janne Grönvall: 1991 Joni Lehto: 1995 Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Lukko conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo: Pekka Virta: 2021 Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, Tres xogadores de Lukko gañaron o trofeo. Juha Riihijärvi: 1996 Justin Danforth: 2020 Robin Press: 2021 Trofeo Jari Kurri: entregado anualmente ao mellor xogador durante os play-offs. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e leva o nome do ex xogador Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Tan só un xogador de Lukko recibiu o gallardón: Eetu Koivistoinen: 2021 Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución: Robin Press: 2021 Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Dous xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo: Teppo Rastio: 1956 Jari Laiho: 1980 Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros do equipo teñen alzado o trofeo: Jarmo Myllys: 1988 Petr Bříza: 1992 Boris Rousson: 1995 Lassi Lehtinen: 2021 Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de catro xogadores de Lukko conseguiron o galardón: Juha Riihijärvi: 1996 Perttu Lindgren: 2011 Ville Vahalahti: 2014 Justin Danforth: 2020 Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). . Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen. Harri Tikkanen: 2010 Anrei Hakulinen: 2021

Trofeos da Asociación de Xogadores Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Lukko conseguiron este recoñecemento: Jarmo Myllys: 1988 Juha Riihijärvi: 1996 Justin Danforth: 2020 Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Dous xogadores do equipo conseguiron o galardón: Janne Niskala: 2015 Robin Press: 2021

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rauman Lukko (pesäpallo)

Ligazóns externas Sitio web oficial do Lukko

Categoría:Rauman Lukko