Roi Vidal Ponte, nado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1982, é profesor, filólogo, poeta, dramaturgo, crítico teatral, músico e director de escena.
Traxectoria Fillo de Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte Santasmarinas. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dirección de Escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Comezou publicando poesía e teatro en revistas como Revista das Letras, Dorna ou Casahamlet. Finalista en 2008 do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) coa peza Último Capítulo, do Premio Xuventude Crea en 2010 co poemario Pop (Xunta de Galicia) e en 2011 co relato un Coitelo manchado de graxa. En 2012 obtivo o Premio Concello de Carral co poemario Teatro. A súa peza "Canción triste de Wall Street" forma parte do libro Banqueiros (Laiovento, Premio da Crítica 2013). En 2014 publicou unha biografía de Roberto Vidal Bolaño titulada Fóra de Portas (Edicións Positivas).
Como director de teatro estrea as pezas Matilde, de David Pobra e Mario Benedetti (para Bicodobrelo, 2008), Faraoas (Tirita Producións, 2011), Operación Triunfo (creación colectiva de Gargallada Teatro a partir de Ubu Roi de Alfred Jarry, 2015) e Illa/Ollo, a partir dun texto de Manuel Lourenzo (coa compañía Nasdrovia, 2015). No 2018 inicia a súa actividade nos Obradoiros de Teatro do Concello de Ponteareas, coa dirección da peza O paraugas transparente, de creación colectiva.
Crítico e estudoso do feito teatral en medios como Vieiros, Faro de Vigo, ProTexta ou Praza Pública, forma parte do consello de redacción de erregueté.
Obra literaria miniatura|Vidal (no centro) xunto a Laura Ponte e Xavier Estévez. Teatro Restrollos de vertedoiro, Nova Ólisbos n.0 (2006) Xulieta's black hole (farsa de velocidade interestelar), Casahamlet n.9 (2007) A última tentación de Edipo, A fontanela n.1 (2008) Último capítulo, en II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, Xerais, 2008 (Emitida na Radio Galega no 2008 baixo a dirección de Quico Cadaval) Historia dunha man, en Novos autores II, Laiovento, 2009 Vampira, Casahamlet n.12 (2010). Estreada na ESAD de Galicia en 2012 coa dirección de Roi Vidal e a interpretación de Fran Rei e Eva Ferreiro. O experimento, Casahamlet n.14 (2012). Emitida no programa A pegada do Eco da ESAD de Galicia e Radio ECCA en 2013 baixo a dirección de Nuria Inglada. Oral ping-pong, Dorna n.32 (2008) KinderTotenFuga (poema dramático contra o paso do tempo), Casahamlet n.13 (2011) Cans e cadelas do século XIX, Dorna 35 (2011) Canción triste de Wall Street, en Banqueiros, de Francisco Pillado Maior (ed.), Laiovento. 2012. Atracos, Madrigal, 2015 Marcha fúnebre para un monicreque, gañadora da modalidade adulta dos XII Premios Barriga Verde de textos de teatro para monicreques, Baía Edicións, 2017 Boisaca ou a divina desgraza. En Neorretranca e Posmorriña. Edicións Positivas. 2019.
Poesía Amort, 2007, Revista das Letras. Romat, 2009, Revista das Letras. Pop, 2010, Xunta de Galicia. Teatro, 2013, Espiral Maior. As máscaras brancas, 2019. Positivas.
Narrativa curta Un coitelo manchado de graxa, 2011. Xunta de Galicia. As tres mortes (por asfixia) de Ester V. Lavandeira, 2017. Galaxia.
Biografía Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, 2013, Positivas.
Obras colectivas Banqueiros, 2012, Laiovento. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. OBESCREBIMUPO (Coordinador). Concello de Ponteareas. 2018. Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).
Obra estreada como director de escena Matilde, 2008, Bicodobrelo Faraoas, 2011, Tirita Producións. Vampira, 2012, ESAD de Galicia. Operación Triunfo, 2015, Gargallada Teatro. Rosalías, 2015, Teatro Antroido. Illa/Ollo, 2015, Nasdrovia Os soños na gaiola, 2016, Títeres Alakrán. O paraugas transparente, 2018. Obradoiro de Teatro do Concello de Ponteareas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Poemas de Roi Vidal na Revista das Letras Críticas teatrais no magazine de crítica da Revista Galega de Teatro Un solo de Charlie Parker (e isto non é unha crítica dunha obra de teatro), por Roi Vidal Ponte Crítica de Os soños na gaiola na erregueté. Crítica de Neorretranca e posmorriña en Artez.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1982 Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Ataque Escampe