IC 405 (tamén coñecida coma a Nebulosa da Estrela Chameante, SH 2-229, ou Caldwell 31) é unha nebulosa de emisión/reflexión da constelación de Auriga, que rodea a estrela azulada AE Aurigae. Ten unha magnitude de 6,0 e está nas coordenadas RA e DEC . Está nebulosa queda moi preto dos cúmulos estelares M38 e M36, así coma da nebulosa de emisión IC 410 e da estrela Hassaleh, a cal é unha estrela de clase-K visible a simple vista. A nebulosa ten un tamaño aparente de 37,0' x 19,0', cun radio estimado en 5 anos luz, e está a uns 1.500 anos luz de distancia. Pénsase que o movemento propio da estrela central nos pode retrotraer cara ao cinto de Orión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Nebulosa de emisión Nebulosa de reflexión Nebulosa escura
Ligazóns externas
SIMBAD Data: IC405 - Radio Source NED Data: IC 0405
Categoría:Nebulosas de emisión Categoría:Nebulosas de reflexión Categoría:Constelación de Auriga Categoría:Nebulosas difusas