Venancio González Iglesias, nado en Ribadavia en 1914 e finado o 25 de marzo de 1978, foi un futbolista galego, que xogaba na demarcación de extremo, coñecido co alcume de "Capitán Veneno". Traxectoria Tras pasar polo equipo da capital do Ribeiro e polo CD Ourense, en 1933 ficha polo Celta de Vigo. Neste equipo permaneceu 12 tempadas, xogando 162 encontros e sendo peza clave no ascenso a Primeira División de 1936.

Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes