IC 5146 (tamén coñecida coma Caldwell 19, Sh 2-125, e a Nebulosa do Casulo) é unha nebulosa de reflexión/emisión e tamén é un obxecto de Caldwell da constelación de Cygnus. IC 5146 fai referencia específica ó cúmulo estelar mentres que Sh2-125 fai referencia á nebulosa. A súa magnitude varía segundo a fonte, que sería entre 10,0 a 7,2. As súas coordenadas celestiais son RA e DEC . Está preto da estrela visible a simple vista Pi Cygni, do cúmulo aberto NGC 7209 da constelación de Lacerta, e tamén está preto do brillante cúmulo aberto M39. O cúmulo está aproximadamente a uns 4.000 anos luz de distancia, e a súa estrela central formouse hai tan só 100.000 anos; a nebulosa ten uns 12 arcmins de diámetro, o cal son case 12,5 anos luz de diámetro.4.000 al × sin( diámetro angular / 2 ) = 6,28 al. raio Cando se observa IC 5146, a nebulosa escura Barnard 168 (B168) é unha parte inseparable da experiencia, esta nebulosa forma unha especie de tona aberta que rodea a toda a nebulosa e que se proxecta cara ao oeste, dándolle o toque final de envoltorio aberto ó casulo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Nebulosa de emisión Nebulosa de reflexión Nebulosa escura
Ligazóns externas
SEDS – IC 5146 Simbad – IC 5146 NED – IC 5146 IC5146 Sharpless Catalog 125
Categoría:Nebulosas de emisión Categoría:Nebulosas de reflexión Categoría:Constelación de Cygnus Categoría:Nebulosas difusas