O Támega (en portugués Tâmega) é unha subrrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. O seu núcleo principal intégrase no Distrito do Porto, mais inclúe concellos dos distritos de Vila Real, Viseu e Aveiro.
Limita ao norte coas subrrexións de Ave e Alto Trás-os-Montes, ao leste coa de Douro, ao sur coas de Dão-Lafões e Entre Douro e Vouga, e ao oeste coa de Grande Porto.
Ten unha superficie de 2 629 km² e unha poboación de 550 469 habitantes (censo de 2011).INE de Portugal.
Concellos Comprende 12 concellos:
Amarante Baião Castelo de Paiva Cinfães Felgueiras Lousada Marco de Canaveses Celorico de Basto Paços de Ferreira Paredes Penafiel Resende
Cabeceiras de Basto e Mondim de Basto pasaron a formar parte da subrrexión de Ave.Decreto-Lei nº 68/2008 de 14 de Abril de 2008, Artigo 2º . Ribeira de Pena pasou a formar parte da subrrexión de Alto Trás-os-Montes.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas