Ave é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Norte. Limita ao norte e ao leste coa subrexión de Cávado e coa de Alto Trás-os-Montes, ao leste e ao sur coa de Támega, e ao oeste coa de Grande Porto. Tódolos concellos que forman parte desta subrexión forman parte do Distrito de Braga agás o de Mondim de Basto, pertencente ao de Vila Real. Esta subrexión ten unha extensión de 1.238 km² e unha poboación de 511.737 habitantes (2011), o que supón unha densidade de poboación de 413 hab./km². Compreende 8 concelhos Municípios por NUTS III , Direcção-Geral das Autarquias Locais, agrupados na Comunidade Intermunicipal do Ave:
Concellos Comprende 8 concellos agrupados na Comunidade Intermunicipal do Ave:
Cabeceiras de Basto Fafe Guimarães Mondim de Basto Póvoa de Lanhoso Vieira do Minho Vila Nova de Famalicão Vizela
A Comunidade Intermunicipal do Ave foi creada o 14 de abril de 2009.
Santo Tirso e Trofa (ámbolos dous do Distrito do Porto) pasaron a formar parte da subrexión do Grande Porto e á Área Metropolitana do Porto.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas