Douro é unha subrexión (ou comunidade intermunicipal) da Rexión Norte de Portugal —unha rexión estatística de nivel III (NUTS III)— coordinada pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal.

Xeografía Está constituída polos concellos pertencentes aos distritos de Braganza, Vila Real, Viseu e Guarda.

Limita ao norte coa subrexión de Alto Tras os Montes, ao leste con España, ao sur coas subrexións de Beira Interior Norte e Dão-Lafões, e ao oeste coa subrexión de Támega.

Ocupa unha extensión de 4 112 km² e en 2011 tiña unha poboación de 205 902 habitantes.Instituto Nacional de Estatística. Portugal.

Concellos Comprende 19 concellos:

Alijó Armamar Carrazeda de Ansiães Freixo de Espada à Cinta Lamego Mesão Frio Moimenta da Beira Murça Penedono Peso da Régua Sabrosa Santa Marta de Penaguião São João da Pesqueira Sernancelhe Tabuaço Tarouca Torre de Moncorvo Vila Nova de Foz Côa Vila Real

Vila Flor pasou a formar parte da subrexión de Alto Tras os Montes.

Notas

Categoría:NUTS III portuguesas Categoría:Institucións de Portugal