Alta Savoia (74) (en francés: Haute-Savoie) é un departamento francés situado no leste de Francia, que pertence á rexión Auvernia-Ródano-Alpes. No seu territorio encóntrase o Mont Blanc (4.810 metros), cumio dos Alpes.
Historia Até o século XIX, en 1860, o departamento de Alta Savoia formou parte dun estado independente, formado e gobernado a partir do século XI pola Casa de Savoia, que máis tarde se convertería na dinastía de gobernantes da unificación italiana. Esta familia de grandes señores feudais fundara o seu poder no control dos camiños e das gargantas polos pasos de montaña dos Alpes. As súas alianzas cos poderes da época, en particular coa casa de Borgoña, o papado, o emperadores xermánicos e mesmo Francia converteuno no poder dominante dos Alpes.
Bloqueado ao oeste pola forza dos reis de Francia, o condado de Savoia, máis tarde convertido en ducado, trasladou o seu centro de interese cara ao Piemonte e a todo o norte de Italia, até que se apoderou do Reino de Piemonte-Sardeña, elemento preponderante da unificación de Italia.
O departamento de Alta Savoia foi creado en 1860, segundo o Tratado de Turín do século XVIII. Foi un dos últimos territorios metropolitanos anexionados a Francia.
Non obstante, mantivo dende a súa historia e a súa posición fronteiriza até a unión de tres países, un particularismo local, unha lingua vernácula rica e unha marcada fraternidade co Val de Aosta e a Suíza Francesa.
Demografía
Principais cidades Annecy, chef-lieu (capital) do departamento Bonneville Saint-Julien-en-Genevois Nogent-le-Rotrou
Estacións de esquí Chamonix Argentière Megève
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Conseil Géneral de Haute-Savoie
Categoría:Departamentos de Auvernia-Ródano-Alpes