Gabriel Lezcano Rivarola, nado o 18 de marzo de 1946 en Coronel Martínez, é un exfutbolista paraguaio. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Chegou ao Celta de Vigo procedente de Paraguai na tempada de 1966–67 con 18 anos, militando no club olívico durante oito tempadas, ata o ano 1976.

Pese ao seu bo papel no Celta, tivo que saír pola porta de atrás despois dunha longa lesión, sendo reclamado por Ignacio Eizaguirre que xa o tiña adestrado no pasdo para xogar no Córdoba CF, retirándose definitivamente no Atlético Baleares. Na súa experiencia céltica gozou das meles da primeira clasificación do equipo para a copa da UEFA e as penas do descenso a Segunda División e posterior recuperación da máxima categoría.

Desde a súa retirada do fútbol asentouse en Vigo onde xa tiña a súa familia, adestrando nas categorías inferiores do club olívico.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFútbol

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados no departamento de Guairá Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares