A cidade de México fundouse no ano 1356 baixo o nome de Tenochtitlán polos aztecas e dende esa data foi a capital, primeiro do Imperio Mexica, despois do Vicerreinado da Nova España, posteriormente do Imperio Mexicano e finalmente dos Estados Unidos Mexicanos. Tenochtitlan Os mexicas ou aztecas, pobo do altiplano mexicano, arribaron na súa pelegrinaxe ata o val onde se atopaba o lago de Texcoco, aos pés do gran volcán Popocatépetl, en torno ao que xa había asentamentos doutros pobos. Coma no medio do lago existían algunhas illas decidiron asentarse na maior. Corría o ano 1325. Mediante a achega de barro e raíces de plantas (chinampas) foron unindo as illas ata crear unha soa onde foi configurándose a súa capital, á que chamaron Tenochtitlán, na honra do seu sacerdote Tenoch quen lles profetizara o sitio pola visión dunha aguia sobor dun nopal. En 1377, un grupo de descontentos fundan Tlatelolco, centro secundario ao noroeste .

Tenochtitlán vai crecer pola actividade comercial primeiro e despois coa expansión do imperio azteca polo territorio circundante (1434). Construíronse diques (albarradas) para previr inundacións e acuedutos (1445-66). A cidade organízase en torno ao centro cerimonial (1487) coa gran pirámide templo maior do deus Huitzilopocht, outros templos e os palacios do emperador . Dende alí partían catro calzadas segundo os puntos cardinais das que tres levaban a terra firme e dividían a capital en catro barrios atravesados por canais .

Cando Hernán Cortés chega en 1519 a Tenochtitlán, esta era a máis esplendorosa cidade de América e podía rivalizar coas contemporáneas europeas : templos , palacios, prazas, escolas, zoolóxicos, rúas pavimentadas con beirarúas e pontes levadizos sobor dos innumerables canais....

En 1521, durante o asedio e conquista, a gran capital é destruída.

Época colonial : capital de Nova España

En 1523, en contra dos consellos, Cortés decide fundar a capital da Nova España no mesmo lugar, polo prestixio e poder que representaba. Faise a traza renacentista en damero típica das fundacións coloniais hispanas pero sobor dos eixos maiores de Tenochtitlán : o centro, palacio de Cortés e futura catedral no que foran palacios de Montezuma e templo do sol respectivamente, no sur do anterior gran recinto cerimonial ; e as catro vías máis importantes segundo as antigas aztecas. Utilízanse os cascallos da cidade destruída para as novas construcións e tamén para cegar moitos dos canais que existían. En todo caso a traza da nova capital, a Cidade de México, ocupa só o centro da anterior, deixándose os barrios para os indios ( 1555).

Nos séculos XVII e XVIII, a cidade vaise configurando : o palacio virreinal e a catedral arredor da Praza Maior, o futuro Zócolo, centro da actual metrópole; edificios das ordes relixiosas, universidade, hospital, tribunal da inquisición..., sempre a beira das rúas principais. Na de saída de poñente cara a terra firme vaise desecando a lagoa para dar lugar ao que será a Alameda, ademais de reconstruirse o acueduto de Chapultepec. A capital, ao través das fachadas dos seus edificios, adquire o seu aspecto barroco colonial característico ,.

En todo caso, a cidade sofre de frecuentes inundacións froito da ruptura do delicado equilibrio hidrolóxico do lago trala conquista. Novos diques e obras de desaugadoiro do val no rematan de solucionar o problema.

Independencia : distrito federal Trala independencia en 1821, se constitúe o distrito federal coma sede do goberno republicano. Despois, a metade de século, coa desamortización das propiedades eclesiásticas e o imperio, a cidade busca a súa expansión mediante a apertura de novas rúas e o trazado de amplas avenidas seguindo o exemplo dos bulevares parisienses. A máis representativa ata hoxe é o Paseo da Reforma, deseñada para conectar o centro co Castelo de Chapultepec e ampliada ata Tlatelolco ; é o verdadeiro corazón en diagonal da metrópole actual ,,.

Notas

Categoría:Historia de México Categoría:Historia por cidade Categoría:Cidade de México