Emilio Duro Peña, nado en Froufe (O Irixo) o 6 de xuño de 1919 e finado en Ourense en 1995, foi un sacerdote e investigador galego.
Traxectoria Cursou a carreira eclesiástica no seminario de San Francisco de Ourense e ampliou estudos de teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas pensionado pola diocese. Desenvolveu o seu labor sacerdotal nas parroquias de Santa Mariña da Cidá (O Irixo) e Santa María de Melias (O Pereiro de Aguiar). Foi profesor das cátedras de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Ourense, secretario de estudos e bibliotecario. Durante o seu período de docencia escribiu Adnotationes Criticae (1948). En 1951 foi nomeado cóengo arquiveiro da catedral de Ourense. En 1972 foi o primeiro director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Colaborou, entre outras publicacións, en Anuario de Estudios Medievales, Archivos Leoneses, Compostellanum, Cuadernos de Estudios Gallegos e Hispania Sacra.
Obras El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, 1972. Catálogo dos documentos privados en pergamino del archivo de la catedral de Orense (888-1554), 1973. El monasterio de San Esteban de Rivas de Sil, 1977. La música en la catedral de Santiago, 1996 (Premio Otero Pedrayo 1988).
Véxase tamén Ligazóns externas Publicacións de Emilio Duro
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados no Irixo Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega