Remuíño é un lugar da parroquia da Arnoia no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 102 habitantes (53 homes e 49 mulleres), os mesmos ca en 2010 (52 homes e 50 mulleres) e 15 menos ca en 2004.
Historia Remuíño era hai anos unha das tres parroquias do concello da Arnoia coa Arnoia e Sande. Durante a II República, Remuíño tivo un dos núcleos máis activos do socialismo.Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión Julio Prada Rodríguez, Ediciós do Castro, 2004.
Patrimonio Igrexa de Santo Antón: do século XVIII con campanario do XIX, retablo neobarroco, gárdase nela unha suposta reliquia da cruz de cristo. Casa do administrador da Inquisición, actualmente chamada Vila Petronila: casa con baixo e planta con escudo heráldico cos símbolos da Inquisición coroada por unha coroa de marqués. Barrio bodegueiro de Pousadorio: un outeiro fronte a Remuíño no cal se atopan soamente bodegas e viñas, no seu alto subían na procesión das rogativas a botar a bendición ós campos, hoxe consérvase o penedo e no seu alto un oco cadrado onde se atopaba unha cruz,ao seu lado aínda se pode atopar unha roda de muíño tallada en situ.
Lugares e parroquias Lugares da Arnoia
Parroquias da Arnoia
Notas
Categoría:Lugares da Arnoia Categoría:A Arnoia poboación 2011