Everton Giovanella, nado en Caxias do Sul (Río Grande do Sur) o 13 de setembro de 1970, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista defensivo.

Traxectoria Comezou a xogar no Lajeadense, de onde pasaría ao Porto Alegre na tempada 1992-93. Un ano despois daría o salto a Europa, concretamente a Portugal, para fichar primeiro polo Tirsense, pasando despois polo Estoril e Os Belenenses.

No ano 1996 chega a Liga española fichando pola UD Salamanca, onde militaría tres tempadas moi boas persoal e colectivamente, xa que conseguiría o ascenso a Primeira División.

Tralo descenso do equipo salmantino no ano 1999 Giovanella ficha polo Celta de Vigo. No Celta sería un xogador moi importante e con el alcanzaría unha final da Copa do Rei ademais de clasificacións para disputar a Copa da UEFA e a Liga de Campións.

A carreira futbolística de Giovanella veríase truncada cun control antidopaxe realizado o 19 de decembro de 2004, no que deu positivo por nandrolona. Foi sancionado polo Comité de Competición da Federación Española de Fútbol o 27 de setembro de 2005 a dous anos de suspensión e a unha multa de 1.502,53 euros. Dende entón Giovanella, que sempre defendeu a súa inocencia, viuse inmerso nunha serie de apelacións que pasaron por tódolos órganos da xustiza deportiva e ordinaria sen atopar solución. O seu último encontro do Celta foi o 21 de setembro de 2005 ante o Villareal CF no Madrigal, que rematou con vitoria do Celta (1–2).

Na tempada 2006-07 recibiu unha oferta do Celta de Fútbol Sala para competir na División de Honra, pero a Federación de Fútbol prohibiuno aducindo que a prohibición era extensíbel tamén a ese deporte.

Tras finalizar o periódo de suspensión, na tempada 2007–08 fichou polo Coruxo FC, de Terceira División, por aquel entón adestrado polo ex céltico Javier Maté.

Actualmente é o secretario técnico do Lejadense, colaborando tamén como olleador para o Celta de Vigo.

Palmarés Copas internacionais TítuloClubPaísAnoCopa IntertotoR. C. Celta de VigoVigo (España)San Petersburgo (Rusia)2000

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do GD Estoril Praia Categoría:Xogadores do CF Os Belenenses Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Coruxo FC